Páginas

lunes, 21 de abril de 2008

A veiga asulagada

Diario da Veiga

Choveu tanto que a nosa veiga quedou toda asulagada.
Hoxe a terra xa se bebera case toda a auga e fomos ver como quedaran as nosas plantas.

Moitas leitugas e berenxenas estaban enterradas e algúns pementos doblaron, pero os calbacíns, os tomates e as couves resistiron todos dereitiños. Os xirasois aproveitaron tanta auga para brotar por todas partes e o augacate que plantamos o curso pasado, aínda que coas follas un pouco feridas, aguantou.

Mándámoslle aviso á Bruxa do Campanario para que vaia compoñendo un feitizo de cuidado para a veiga, que boa falta lle fai.


3 comentarios:

  1. ¡Vaia! ¡Qué peniña dá!

    A ver se chega o bo tempo e seguro que as plantas recupéranse pronto.

    Biquiños!

    ResponderEliminar
  2. Agora van vir uns días de soliño, a ver si reviven esas plantas e podedes facer unhas ricas ensaladas.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Agora van vir uns días de soliño, a ver si reviven esas plantas e podedes facer unhas ricas ensaladas.
    Bicos.

    ResponderEliminar