martes, 29 de abril de 2014

As Unitarias visitan a nosa Biblioteca

Todos os anos no mes de Abril-  o mes dos libros- o alumnado das outras dúas Unitarias de As Neves, pasan o día na nosa Biblioteca.
E onte foi ese día
A mañán deu para moito.

  • Na Biblioteca as nenas e nenos de Vide explicaron aos seus compañeiros das outras escolas como se organizan os libros, como se colocan nos andeis, os distintos espacios... e sobre todo, que hai que falar moi baixiño! Logo disfrutaron todo do seu tempo cos libros. Por suposto que o maior éxito lle correspondeu ao andel de libros sorprendentes. Era de esperar.
  •  Houbo tempo para o Contacontos, o libro elexido foi: 

          un precioso conto que permite a participación das nenas e nenos e a súa dramatización de xeito moi             doado. A escola encheuse de:
          miauuu, miauu...! socorro, socorro..!, gua, gua....! e de risas.
          Para rematar fixemos a ficha do libro: Titulo... Autor.... Editorial....

  • E, como na Biblioteca tiñamos preparada a exposición de libros de "Ciencia na Biblioteca", fixemos maxia e transformámonos en científicos facendo experimentos.
Un día cansado pero....completiño, completiño!!!












domingo, 27 de abril de 2014

Miró: o libro


Unha das actividades de "Abril dos libros", foi a elaboración por parte do alumnado da unitaria, dun libro da nosa editorial: Editorial Unitariadevide .


No obradoiro de editor@s, fomos construíndo un libro coas fichas e material elaborado por cada neno e nena durante o desenvolvemento do Proxecto Miró.

Estas foron as tarefas que cada un deles realizou:

-Ordenar e alisar as follas.

- Facer a portada e contraportada.

- Escribir a ficha da primeira páxina.

- Picar as follas pouquiño a pouco.

- Poñer a espiral.

- Numerar as páxinas.




E este foi o resultado:

 

sábado, 26 de abril de 2014

Xoves de cine na Casa da Auga

O xoves pola tarde, a Biblioteca organizou unha sesón de cine infantil na Casa da Auga, en colaboración coa Asociación Sociocultural Vidense.
Tivemos que resolver uns "problemiñas", pois as persianas da sala non eran quen de tapar a magnífica tarde de sol que quedou despois da chuvia, pero a película gustou tanto a maiores como a pequenos, e ao remate aplaudimos a rabiar:


viernes, 25 de abril de 2014

Onde estás caracol?

E chegou o teceiro día de Contacontos:

Conto: Onde estás caracol?
Contacontos: Vanesa, a nai de Soraya.

















como estes días tanto chove como sae o sol hai caracois por todas partes así que fomos á procura deles. Había por todas partes, e apuntamos: debaixo da herba, na pedra.. Logo soltámolos na clase e ...

...sabedes a onde foron?

ao tarro de auga vermella!!!







jueves, 24 de abril de 2014

O meu gato sempre me imita

Pois seguimos cos contacontos, e o conto elexido esta vez foi:

O meu gato sempre me imita.
Contacontos: ANA, a nai de Samara





e levamos de deberes averiguar moitos nomes de gatos. Foi doado porque en Vide hai gatos en todalas casas.





martes, 22 de abril de 2014

A sopa verde

Dentro da programación "Abril dos libros" esta é a semana dos "Contacontos".
Hoxe foi o primeiro:

Contacontos: Edorta, o pai de Antón.
Conto: "A sopa verde"





pero como  somos "científi@s" , tivemos que investigar un pouco , e fomos á horta para comprobar que as leitugas son verdes, a couve é verde, os chícharos son verdes...., pero a decisión final foi que verdes, verdes son..... AS FOLLAS:




domingo, 20 de abril de 2014

MIró: A Conferencia

Por fin  chegou o venres 11!
Por fin chegou o gran día!

Repartíranse invitacións e....



...este foi o resultado:

jueves, 10 de abril de 2014

Aínda que andamos moi ocupados con Miró, como deixou de chover corrimos a preparar a veiga da escola.

 Nesta semana: limpamos as herbas, preparamos os bancais, botamos o esterco que nos trouxo Fátima, a nai de Marcos e Diego, e logo espichamos as plantas que trouxo a nai de Ruth: leitugas, tomates, pementos, berenxenas, pepinos, repolos....



Moito traballo pero... que ben  nos quedou!

martes, 8 de abril de 2014

Miró: O ouro do azul

Este é outro dos cadros de Miró que nos fai converternos en pintores "marabillosos" cando o imitamos:




lunes, 7 de abril de 2014

Miró na Hora de ler

Seguimos a ensaiar para poder dar a "Conferencia" e, para prepararnos mellor, esta semana na "Hora de ler" decidimos "ler" os libros que de Miró hai na Biblioteca.

É de ver o que estudian estes nenos e nenas!






viernes, 4 de abril de 2014

Miró: biografía

Xa sabemos moitas cousas da vida de Miró, de como pintaba e dos seus cadros.
Fomos facendo "follas" para o libro que editaremos en Unitariadevide, e escribimos en cartaces todo o que sabemos da BIOGRAFÍA de Miró, e das súas obras




Como sabemos tanto, imos dar unha "Conferencia"  ás nais e pais, pero temos que entrenar  un pouquiño, asi que fixemos esta presentación para ensaiar:


miércoles, 2 de abril de 2014

Día internacional do libro infantil


Na Unitaria de Vide, ao mes de abril chamámoslle o MES DOS LIBROS, e aínda que traballemos noutras cousas, a nosa mirada neste mes está sempre dirixida moi especialmente a "celebrar" a nosa biblioteca e os seus libros, por iso non deixamos pasar o día 2 de abril sen facer algo especial, porque é o...



 Día internacional do libro infantil

...e todo o día traballamos xogando cos libros da biblioteca. 

Primeiro escollimos os libros cos que iamos xogar, e como andamos a traballar con Miró, foi natural que ganasen os libros de pintores.

E comenzou o xogo:

Apoiándonos no encerado dixital, buscamos no OPAC :  Miró, Velázquez, Van Gogh, Paul Klee, Picasso... e averiguamos cantos libros tiñamos de cada un deles. Apuntabámolo na ficha e comenzaba a carreira: atopar TODOS os libros que tiñamos. 

Non pensedes que foi doado. Había que buscar, contar os que atoparamos, pensar cantos nos faltaban aínda, volver a mirar na pizarra, comprobar que estaban todos e entón berrar: XAAA!
Logo escribilo na ficha.

....ata descubrimos que o OPAC estaba equivocado, pois tiña contado mal os libros de Van  Gogh.



Pasou a mañan nun periquete e para descansar de tanto correr, sentámonos a escoitar un conto de pintores que nos contou Samara: "O libro máis bonito do mundo".




Miró: Diario de....que sabemos?

Repasamos as follas que tiñan escritas co aprendido sobre Miró, escollimos, ordenamos e logo eu preparei unha presentación coa cantiga de éxito mundial "As cores primarias...Brassssil"

video
Quedou así de ben:


martes, 1 de abril de 2014

Miró: Azul

Despois de viaxar a Xapón a Miró gustoulle moito máis a cor azul, e a nós tamén: