miércoles, 27 de noviembre de 2013

Xogos tradicionais

Chegou Saul de visitar a súa avó da aoutra marxe do Miño e tentou ensinarnos un xogo-cantiga que lle cantara ela.
- É un xogo, pero tamén é unha cantiga e máis un chiste.
Pero non se lembraba del, así que chamamos a Mariló, a súa nai, que víu onda nós a escola e aprendéunolo a todos.

Comenza como un conto:

As campás de Sela anunciaban:


- TEN LENDIAS, TEN LENDÍAS!!!



E as campás de Barcela contestaron:



- QUITAILLAS, QUITAILLAS, QUITAILLAS!!!



As campás de Ribarteme dixeron:



- CON QUE?, CON QUE?, CON QUE?



Entón dixeron as campás de Vide:



- CO MARTELOOOÓN, CO MARTELOOOOÓN !!!!!


E despois de estar a xogar toda a mañán, quedounos así:

video



martes, 26 de noviembre de 2013

Novidades Outono

Estamos a piques de desmontar a exposición  NOVIDADES DE OUTONO que servíu  para achegarnos aos novos libros da biblioteca.


De entre todos , recomendamos estas "novidades"


"A historia dos bonobos con lentes",  de Adela Turín e Nella Bosnia, tiñámolo en castelán e agora temos a oportunidade de lelo en galego gracias á editorial  Kalandraka




Polo difícil que é atopar libros informativos en galego para os máis pequenos, recomendamos a colección  O MEU  MUNDO da  Editorial Monterrey  : "O olfato"   "O oído" "O tacto"   "A vista"





De Patasdepeixe Editora, "O libro dos opostos" , cheo de lapelas para levantar e pestanas para turrar delas.



Debuxar con...Joan Miró", da editorial Gallimard Jenesse, un libro para xogar mentras se aprende a debuxar como Miró.



"La librería ambulante", de Christopher Morley, en editorial Periférica, un libro para ler "as maiores" cun sorriso na boca







viernes, 22 de noviembre de 2013

Dignificada

Vai chegando o 25 de novembro e quero compartir esta cantiga de Lila Downs . Vai por todas.


jueves, 21 de noviembre de 2013

Máis de Magosto

De cando a Festa do Magosto e Samaín quedárannos castañas e candeas, asi que , a semana pasada decidimos seguir tamén  de Magosto porque

"polo san Martiño, vai ve-lo teu soutiño" que

"as castañas si despois do san Martiño quedan no souto son do moucho", e "castañas no Nadal saben ben e parten mal"

de xeito que:


Xogamos:
 
- Como te chamas?
- Comecastañas
- Eu a como e ti as apañas

Ou ben:

- Como te chamas?
- Comecastañas.
-  E de apelido?
- Caldo cocido

Cantamos:

Non chas quero , non chas quero
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.


Mociñas de aló arriba
vídevos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu sexa castiñeiro



Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño mandil
acadochas no refaixo




A castaña no ourizo
quixo rir e reventou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou
.



E logo.... outro  MAGOSTIÑO!!!



 














 Pero esquecimos que:

" Non te fíes das castañas asadas, se estoupan, sáltanche á cara".

E saltaron.
 


 



martes, 19 de noviembre de 2013

Para cantar os Reis

Este é o repertorio que levaremos este ano paa cantar os reis:


a cantar!

domingo, 17 de noviembre de 2013

martes, 12 de noviembre de 2013

O peón vai ao camiño

Polo san Mariño o peón vai ao camiño, e nós, como non, fixemos caso.
 Alá vai!

O peón foise para o camiño:

video

jueves, 7 de noviembre de 2013

Teatro en Ourense

Fumos a Ourense a ver unha preciosa obra de teaatro: "Nuncabunga" de Elefante Elegante, obra ga
ñadora do premio "María Casares" ao mellor montaxe teatral. E non nos defraudou.
Pagou a pena a viaxe e os cartos- 200 euros- que tivemos que pagar pola viaxe ata Ourense.

 

Servíunos ademáis parar aprender de mapas, vehículos, ríos e encoros, así que, aproveitamos ben a saída.
Se non fora polos cartos haberíamos de facer mais, pero.....


sábado, 2 de noviembre de 2013

Festa de Samaín

O xoves, 31 de Octubro; pola tarde, celebramos a festa do Samaín e o Magosto na Casa da Auga.
Houbo obradoiro de caveiras, de maquillaxe, xogos,  e... festa, moita festa, ata tivemos actuación das "Saíñas" que cantaron e tocaron a pandereireta para todos nós.

Por suposto tamén tivemos Magosto e comimos castañas asadas.

Á noitiña, acendimos as velas dentro das caveiras e puxémolas no balado, ao pé do cruceiro, para espantar ás ánimas.