viernes, 27 de abril de 2012

Cocorico

Marcos escolleu Cocorico, o conto de Marisa Núñez en editorial OQO, que ano tras ano ven sendo un dos preferidos de todos os nenos e nenas de Vide.
Limos o conto, escoitamos a canción de Almudena Janeiro, vimos o video, pintamos a Cocorico , a súa nai, ao malvado Gato Pelado, xogamos un xogo de galiñas e só nos faltou comernos un bizcoito.

Si premes AQUÍ poderás xogar tamén  a recoller ovos.
E AQUÍ xogarás a buscar o camiño da galiña




Tamén aprendimos unha cantiga de pitiños:
"O galo canta
a galiña chora
polos pitiños 
que durmen fora."
Logo grabámola- quedou moi, moi ben- e para rematar Marcos contounos a súa versión do conto, e cada vez que nomeaba ao Gato Pelado dicía:
- que era malo, malo, malo!.

Aquí queda a voz dos "artistas":

video




miércoles, 25 de abril de 2012

Lucía e os seus amigos

O conto de Noa foi:
 "Lucía e os seus amigos" de  Sandra Desmazières en Editorial Zendrera Zariquiey.
video

Esta vez os amigos e amigas que Lucía invitou ao seu cumpreanos, foron os nenos e nenas da clase. Cada un escolleu de entre os farrapos que tiñamos aquel que tiña a súa cor preferida.
Bueno todos menos Samara, que cando se decatou que a única cor que quedaba era a negra enfadouse. Ela quería a cor rosa, como Noa, pero Noa dixo que nanai e a Samara non lle quedou máis que conformarse.
A que disfrutou do lindo foi Noa, tanto, que decidíu cambiarlle o título ao conto. 
Agora o conto vaise titular:

"Noa e os seus amigos e amigas" e así volvimos a montar o conto:


martes, 24 de abril de 2012

Que tal vexetal?

Iago escolleu:
Que tal vexetal? Saxton Freymenn e Joost Elffers. Ediciones Linteo.
Pero a protagonista foi Alba, que chegou pola mañán e díxome:
 - Profe, hoxe antes de nada tes que explicarme que quere dicir vexetal. Pensei pola noite moito niso .
 - E que pensaches?
 - Pensei que non sei porque lle dicen que tal vexetal e non lle din que tal pemento. Iago tampouco sabe, e a miña nai tampouco.
Cando nos xuntamos para falar, non había quen soubera o porqué do título. Noa opinaba que dicir que tal vexetal era como si dixeran: Que tal CHICOS?
 - Logo o pemento, a cebola, o tomate, o melón a laranxa e o limón son CHICOS? - preguntei.
Entón Alba, que estivera caladiña mentras os demáis discutían falou:
 - Xa sei!!!! non son CHICOS son VEXETALES!!!. Pero non sei que é vexetal. Tes que dicilo ti, que me dixo miña nai que ti sabías.
 Pois nada, que pasamos media mañán con ANIMALES, VEXETALES E MINERALES, e a outra media mañán xogando coa froita que eu levara á escola para semellar que estaban tristes, enfadadas, contentas.... Ao remate non foi Iago senón Alba quen contou un conto dunha señora que cando vía unha laranxa dicía: - Que tal vexetal? e a laranxa se enfadaba porque se chamaba Lucía e non lle gustaba que lle chamaran vexetal.

lunes, 23 de abril de 2012

A fábrica das palabras

Para celebrar o Día do Libro, propuxemos un percorrido pola Biblioteca na procura do "o libro que me gusta máis". Cada un dos nenos e nenas tiñan que escoller un só libro , de xeito que iamos contar con 12 libros para ir traballando nas dúas últimas semanas de abril- o mes dos libros-.

Resultoulles difícil escoller, pero logo de dar moitas voltas temos 12 libros, e de hoxe en diente cada día haberá unha entrada do blog adicada ao libro de cada un dos nenos e nenas.

O primeiro foi o de Alba:

"La gran fábrica de las palabras"  de Agnés de Lestrade e ilustracións de Valeria Docampo de Editorial Sleepyslaps.
Este maravilloso libro traballámolo o curso pasado e enchémonos de fabricar e buscar palabras que non  tiñamos que pagar nin tragar. O protagonista chámase Diego, como Velázquez, e o noso Diego estaba encantado.

Recordamos a  presentación que tiñamos feita  cunha traducción ao galego :

A FABRICA DAS PALABRAS

E vimos este video/presentación via "Ole tus libros"

 Como as ilustracións gustaron un montón buscamos máis información sobre Valeria Docampo, a ilustradora.

Aquí están os enlaces:

El baúl que no tenía mi abuela
Valeria Docampo
La señora de los pájaros
Ilustracións


Para un ambiente de lectura na escola

Vía Vilán coñecimos esta inciativa, á que xa a Biblioteca de Vide se adheríu:

Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), e na que temos a honra de participar, que nos fai reflexionar aos que a subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler. Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación... Aínda que sempre oímos aquilo de “niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos que dicir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademais, conségueno. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura. O dito, propóñovos a súa lectura: